Cicloturismo, natureza e experiencias.

miércoles, 24 de abril de 2013

Nova revista de ciclismo... en cidade!

Boas, hoxe tráiovos unha revista moi interesante que descubrín fai uns días, cando baixei a recoller a bici do mecánico (as miñas pobres suspensións... o meu pobre peto... snif!). 




Púxenme a falar coma sempre co dependente, e de reollo vin entre os catálogos de bicis unha destas revistas. Cando preguntei por ela regaloume dúas  (grazas Velocípedo!).



Pódese dicir que é unha novidade no sentido de que se centra totalmente na bici de cidade e o seu entorno, fala de novos acesorios, marcas, consellos,  persoas coñecidas que usan a bici, etc, en definitiva moita variedade de artículos todos xirando ao redor da bici na cidade. 




Pódese conseguir gratuítamente nas tendas suscritas, pero se che interesa colaborar coa idea de unha cidade con máis bicis e menos coches, podes suscribirte e mándanche as catro anuais á casa.
Déixovos a web para que xulguedes por vós mesmos!!



Saúdos!!

domingo, 31 de marzo de 2013

Cicloturismo: Normativas e Reparacións básicas.


Boas de novo a tod@s, hoxe traiovos  un pequeno resumo, por un lado de reparación básicas en ruta (ofrecida por un colega do foro de rodadas.net, Slow) en modo de tutorial de youtube, e unha reflexión sobre a consideración do ciclista na normativa de tráfico e consellos para viaxes por estrada ou cidade.

INFO XERAL DE CICLOTRUISMO:
www.rodadas.net

REPARAR UNHA CÁMARA PINCHADA:
Vídeo - Tutorial

COMO CAMBIAR E REPARAR UNHA CADENA DE BICICLETA:

COMO CAMBIAR E AXUSTAR AS PASTILLAS DE FRENO:

COMO MEDIR A LONXITUDE CORRECTA DA CADEA PARA UNHA BICI:
video - Tutorial 4
COMO POÑER E QUITAR AS RODAS DA BICICLETA:
O canal desta xente contén moita información sobre BTT, reperacións e equipación.
video - Tutorial 6


(os carrís bicis son algo descoñecido en certos sitios deste país)

NORMATIVA E SEGURIDADE; EN QUÉ NOS AFECTA ÓS CICLISTAS?


A día de hoxe segue habendo moita polémica con respecto aos dereitos e deberes do ciclista, pero algo queda claro:


1)_En cidade e en estrada estamos en desventaxa con respecto ao coche, ao igual que na estrada e en vías compartidas con vehículos.
2)_Somos brandos. Aínda que compartimos a vía con outros medios, e teóricamente os coches nos teñen que respetar, nin sempre o fan, nin estamos na mesma situación. Un adiantamento arriscado, un xiro sen indicar ou unha rotonda moi concurrida pode tirarnos á calzada, quedando indefensos ante unha marabunta de coches que poden ou non evitarnos ou parar a auxiliarnos. Ademáis, hai que contar co punto cego dos vehículos de catro rodas, e os nosos propios puntos cegos.

Sabendo isto, algúns consellos a ter en conta:

1)_ Leva casco SEMPRE, incluso en cidade, pobo, ou cidade sen vehículos. O casco é o único que separa a nosa cabeza do asfalto, pedra, lama, cemento ou area, e con unha correcta utilización pode salvarnos.


2)_En grupo e pola estrada, viaxa en fila india. Non só facilitas aos demáis o avance ( o que vai adiante actúa de cortaventos, é o que máis esforzo realiza pola resistencia do vento), senón que ocupas menos da calzada permitindo aos demáis vehículos o paso. Creo recordar que o máximo permitido en liña paralela son 2 ciclistas.

3)_Sinala co brazo todos os xiros e maniobras. Nós non temos intermintentes que indiquen ao/s que veñen atrás se vamos a deternos ou xirar nunha rotonda, asi que debemos facernos ver de algún xeito.


4)_Pola estrada, en teoría se conta con un arcén o suficientemente ancho como a nosa bici, debemos facer uso del. Agora ben, de non caber con soltura nel, a bici debe ir pola vía e ser considerado un vehículo máis, ao que deberán esperar e pedir permiso para adiantar coma se se tratase de outro coche, respetando a distancia de seguridade tanto atrás como na hora de adiantar.

5)_ Non fagas uso da acera coa bici. A acera pertence aos peóns, aínda que moitos coches non o respeten e aparquen nela. Nós, como vehículos, temos o deber de circular pola rúa sen entorpecer o paso dos viandantes.

6)_ En caso de grupos de ciclistas, tanto o primeiro como o último deberán levar un chaleque reflectante e ir lixeiramente máis metidos no carril, facendo de aviso aos coches que se achegan e protexendo ao grupo de adiantamentos indebidos ou arriscados. Recoméndase que sexan os máis expertos do grupo quenes leven a cabo esta tarefa.

7)_En momentos de pouca visivilidade ou de solpor e amencer, a parte da noite, o ciclista ou grupo de ciclistas deberá levar luces de posición traseira e dianteira, roupa refletante e, en caso de levar carrito de carga ou alforxas, reflectantes nelas.


E isto é todo por agora, intentarei subir máis contidos á medida que vaia aprendendo máis.

Saúdos, cicloturistas!

jueves, 28 de marzo de 2013

Problemas en ruta: Animais


Aquí unha listaxe de consellos con respeto á fauna e flora galegas e, nalguns casos, españolas.

INSECTOS:

-Non leves roupa amarela en verán, os insectos cómente vivo, xa o comprobei e ainda me doe recordalo.

XABARÍL:


-Se cadra un dos animáis que ten causado máis problemas nas vías para coches, motos e bicis por igual.
NUNCA, XAMAIS, por moi cuquiños, monos, achuchables e adorables que che parezan eses xabatiños que atopaches nunha beira do camiño, te achegues a eles, ménos aínda lles botes a man. alónxate o máis amodo e en silencio que poidas, e se eso quitalle algunha foto. En canto vexas un xabaríl adulto preto fuxe coma alma que leva o demo. As nais xabaríl teñen a máis mala uva que vin en toda a miña vida no reino animal, e recordo as casi 2h que pasei subida a un castiñeiro esperando a que marchase. Coñezo un caso dun can destrozado totalmente por unha nai sobreprotectora, e non pensedes que son animáis fofos ou brandos. Miña nai atropelou un co coche fai algún tempo, e destrozou literalmente o parachoques, mentres que o animal marchou tan pancho andando. Se te ves na obligación de enfrentarte a un deles, recorda que:
 1-corren de frente, xiran mal; 2- evita tocalos ou que te toquen coa barbilla, pois teñen ahí uns pelos tan grosos que che poden atravesar a man; 3- son todoterreno, probablemente máis todoterreno que unha mountain bike, así que corre e non pares.

SERPES:
-Coidado en verán coas fontes. Se tes un verán especialmente caluroso ten coidado cando vaias a unha fonte ou lugar fresco. As serpes son animáis de sangue fría, e do mesmo xeito que buscarán o sol a comezo do verán, tamén buscarán a sombra no máis duro do día.
                                              (víbora de Seoane)
 En Galiza só son perigosas as vívoras (ningunha especie é mortal aquí, pero doe unha barbaridade), e ata agora só as teño visto nas montañas do Caurel, pero sei que as hai por moitos máis sitios.

 Diferéncianse das serpes normáis pola súa cabeza en forma de triángulo e os seus ollos case felinos. Os dous colmillos de diante son os que segregan o veneno. En caso de mordedura non entrar en pánico, e según o mestre de 1º auxilios, non ser peliculeros e non chuchar o veleno. Na boca, as nosas mucosas poden absorvelo moito máis rápido que si nos pican nunha extremidade. Intentando mover a zona afectada o menos posible e mantendo as pernas ou o brazo en baixo, chamar ao 112 e explicar a situación. Se podes, quítalle unha foto para así mostrarlle aos doutores qué vibora é, e deste xeito administraranche o antídoto máis efectivo.

AMFIBIOS:


-Píntegas ou Salamandras: Son asustadizas e localízanse preto ou dentro da auga. Son unha especie de lagartiños negros con pintas amarelas ou laranxas, de aspecto pegañento. Evita tocalas directamente coas mans, porque segregan unha baba que lles recobre todo o corpo e que nos produce molestias a nos. Non o comprobei porque sempre me diron algo de grima, pero mellor previr...

CABALOS:


Nalgúns montes galegos hai cabalos en semi liberdade, é dicir, existen curros enormes ao longo das montañas polos que se moven pola sua conta os cabalos, e ás veces ou ben están mal valados, ou rompen as proteccións e saen, en moitos casos chegando ás estradas.
Os cabalos son animáis pacíficos, que fuxirán antes que loitar, pero con néboa a cousa cambia.

 Teñen mala vista, e se é unha zona cun zumbido constante, como por exemplo as zonas de viraventos da costa de Porto do Son, poden non verte ata que estás casi enriva deles. No peor dos casos asustarase e coceará ao aire, intentando darche para que te apartes del, e en canto poida fuxirá. Leva unha luz e fai ruído a propósito, ou vai moi amodo e atento para non atoparte con eles de frente.



Algo semellante pode pasar coas vacas en certos pobos, pero as vacas sí se poden rebotar e intentar encornarte. É difícil non detectalas antes gracias aos cencerros, asi que fai ruído para que saiban que estás ahí ou espera a que pasen.

OURIZOS:


Ainda que pequeniños e tímidos, poden causar auténticos estragos nas nosas cubertas. Estes animáis son nocturnos, e suelen verse máis na época da castaña por camiños rurais e estradas secundarias. O único que che podo recomendar e que evites moverte de noite por zonas de castiñeiros e outras árbores de froito e folla caduca, e se tes que facelo, atende moito ao asfalto ou camiño.
Por se algúen se sente tentado de levar un para a casa, aviso que está TERMINANTEMENTE prohibido. Non só o SEPRONA irá a por calquera que o intente levar, senón que lle caerá unha multa importante.
Ademáis, son animáis do monte. Deixadeos estar, que alí estarán mellor :).

CANS:


Os nosos pobres e incomprendidos cans. Na maior parte dos casos só queren xogar, ben por aburrimento nos pobos, ben porque somos algo novo para eles. Outras veces queren algo do que levamos encima, e por iso insisten máis. Logo hainos que teñen algun tipo de estraño trauma e queren trabar a todo o que leve rodas, ou vaia mais rápido ca eles, ou ámbalas dúas cousas xuntas.
Todo depende do animal e do nivel de locura transitoria que teñan nese momento, pero hai moitas opcións:
-Berrarlles,
-parar e miralos mal, cunha actitude seria para que se den conta de que se meteron co ciclista equivocado.
-correr máis ca eles e deixalos atrás, ainda que esto en concreto desaconselloo por ser difícil correr máis que un can coas alforxas e a mochila ao lombo.
-botarlles auga,. Pode ter dous resultados, que se asusten e marchen ou que se enfaden aínda máis. Oops!
-Sistemas modernos. Dende un esprai ata un silbato para cans, nin os vin nin sei onde os venden, pero existir existen (como as meigas!).

En calquera caso se algún vos morde, e dependendo da gravidade da trabada, se podedes enterádevos de quen é o seu dono, e falade con el/ela. Ti tiveche sorte, pero quizáis outro non teña tanta e saia peor parado.
Se o dono se che rebota (que os hai), ameázao con denuncialo, a ver canto lle dura o rebote. (O de porse "violento" verbalmente só nun caso extremo, no meu caso traboume porque sí cando pasaba camiñando preto da sua casa e a dona casi me arrea cun bastón cando lle fun dicir que o seu can me acababa de trabar)


A medida que me vaia informando irei engadindo máis exemplos. Se sabedes algún non dudedes en deixar un comentario e verei de poñelo

Salida 1º: Santiago - Montelouro

                                                                                                           
[CICLOTURISMO]


 Hola a tod@s!
Decidín estrear o blog coa miña primeira saída coa bici, aínda que curtiña penso que foi importante para mín e a miña forma de ser.
Un día de verán, sin mais, farteime de estar na casa e empecei a preparar as bolsas: o saco de durmir, o protector, os reflectantes, o bikini e algo de roupa. Debería ter levado máis cousas, pero foi un impulso e nese momento chegoume de sobra :)

A distancia entre Santiago e Louro (según google maps, que fai moito que fixen esto e xa non me acordo) é de 63km, e aínda que pareza mentira, paseino peor saíndo da urbe que en todo o camiño ata a praia. Á saída de Santiago hai unha ristra de baches que lle deixan a unha a espalda fodida ( ou as amortiguacións escangalladas), e despóis pásanche factura ó saír de Bertamiráns.
Por desgraza non teño fotos de toda esta parte do recorrido, porque non quería que me collera a noite antes de chegar á costa.
Como fun pola estrada, saín no cruce do lado de Noia, e cando subía cara Pontenafonso pasoume algo curioso. Ó longo do camiño pitáranme dous coches e berráranme groserías (e que sabes, unha rapaza en bici non é normal... nótese o sarcasmo), así que eu xa estaba un tanto fartiña, e cando pasando por unha poboación un señor me berrou algo dende a furgoneta reventei e sabe dios o que lle poiden dicir. Uns metros máis adiante parou o coche, e debín de quedar blanca coma o sal, porque por dentro ao menos sentíame moi, moi asustada. Moi, moi amodo seguín avanzando ata chegar á súa altura (parecía un cadelo apaleado, coa cabeza baixa e arrastrando los pes), e un enorme paisano asomou por unha das ventanillas.
Resultou que o señor vira unha mochila caída uns metros máis atrás, e pensou que era miña e avisoume dun berrido. Creo que pasei media hora disculpándome, vermella coma un tomate e sentíndome unha ogresa.
Xa era a tardiña, e parei para descansar e cear nun pobo antes de chegar a Abelleira. Cando por fin se fixo de noite, avancei ate o final do pobo e tras unha casa pechada, entre unhas silveiras, metín a bici e estirei o saco.

O certo e que foi unha boa noite. O ceo cheo de estrelas, unha temperatura agradable e poucos coches pola estrada, ningunha molestia -salvo un gato curioso e algún insecto- e un bo descanso.
Levainteime cos primeiros raios do sol do amencer, e tras asearme un pouco e recoller os bártulos, púxenme de novo de ruta.


A luz era moi bonita, e mentras comezaba a avanzar pouco a pouco empezaba a aparecer unha idea na miña cabeza. Ó lonxe víanse as bateas,

e a estrada parecíame algo totalmente novo e estrano, pese a ter pasado por alí centos de veces no coche,

a nova perspectiva de ver aquel asfalto brilar cos tenues raios da mañán  dalgún xeito axudou a que aquela pequena idea que rebulía na trastenda da miña cabeza comezase a medrar e facerse máis plausible.

Os pobos que pasaba eran os mesmos que levaba vendo dende cativa, pero era ao mesmo tempo algo distinto, algo novo.

Era a cercanía, o aire, o tacto, a luz...
Son nova. Nacín cando a maior parte da xente viaxaba en coche, e para min o coche e algo normal e totalmente blindado, que da mesma forma que evita que entre a choiva, tamén evita que saian os sentidos.
Ahí estaba a idea, e a medida que me acercaba ao desvío de Montelouro

transformouse nunha certeza.
Para poder volver a disfrutar desta cercanía en cada unha das miñas viaxes, non podía voltar a servirme das catro rodas, non ao menos cando o que buscase fora viaxar coma aquela vez, disfrutando do entorno.

Aquela primeira saída foi unha viaxe pequena, pero para min foi unha gran viaxe.



Para máis fotos, e cun mellor tamaño, mirade a galería de photobucket: